Quen son

Seitura 22

A Asociación Seitura 22 é unha asociación sen ánimo de lucro que ten por obxecto o desenvolvemento local. A Asociación ten como ámbito de actuación preferente o dos Concellos das comarcas do Eume, Ferrolterra e Ortegal ademais dos concellos de Miño e Vilarmaior.

Constitúese o 29 de Marzo de 2016, como Grupo de Desenvolvemento Rural coa finalidade de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais; institucionais, sociais e económicos, tanto públicos coma privados, interesados en promover o desenvolvemento sostible do territorio de actuación. A estratexia de desenvolvemento da Asociación ten como obxectivo a mellora da calidade de vida da poboación local a partir da posta en valor dos recursos propios do territorio.

A creación e lanzamento desta plataforma de marketplace para os produtos agroalimentarios do territorio, comprende unha representación das principais producións do mesmo; cultivos hortícolas de temporada ou plantas aromáticas, transformados vexetais, lácteos, produtos de apicultura ou repostería.

Ecocomedores Seitura

“Produtos das Comarcas de Ferrolterra, Ortegal e Eume”

O Grupo de Desenvolvemento Rural Asociación Seitura22 ten como un dos obxectivos estratéxicos da nova EDLP “Apoiar a transición cara a un sistema agroalimentario territorializado, competitivo, sostible, diversificado e resiliente mediante varias liñas estratéxicas destacando as seguintes; LE 11 “Favorecer o consumo de alimento de proximidade e sostible no territorio” e a LE 12 “Promover a vertebración e colaboración no tecido de produtores”.

Dende o ano 2021 Seitura22 pertence ao grupo de traballo TerrAlimenta impulsado pola Fundación Daniel Nina Carasso que integra a 12 GAL a nivel nacional que promove a creación de Sistemas Alimentarios Territorializados (SAT).

Nesta liña de traballo enmárcase o proxecto Ecocomedores que busca impulsar unha alimentación saudable nos centros escolares con cociña propia, priorizando o consumo de produtos frescos, de proximidade e de tempada apoiando así a actividade dos produtores locais e reducindo a pegada ecolóxica da alimentación.

Envio gratuito

Con calquera pedido, mínimo de 25€, os teus envíos son gratis para toda España, así conseguimos o mellor prezo.

Pago seguro

Visa, Master Card e American Express desenvolveron un sistema para realizar de forma segura pagos na internet. O sistema de Comercio Electrónico Seguro baséase en que o Emisor da tarxeta (banco ou caixa de aforros) identifique ao titular da mesma antes de autorizar o pago por Internet.

Pequenos produtores

Os nosos produtores, ofrécenche a máxima calidade, e ao mellor prezo. Seleccionamos os seus mellores produtos para ti.